O Concello mellorará a estrada rural de Mimáns, que une Ameal e Ruanova

O Concello mellorará a estrada rural de Mimáns, que une Ameal e Ruanova

O Concello iniciará proximamente as obras de mellora e mantemento da estrada rural de Mimáns, que vai dende Ameal ata Ruanova, na parroquia de O Campo, unha actuación que ten como finalidade o coidado das infraestruturas de comunicación no rural, un dos eixos sobre os que traballa a concellería que dirixo Pablo Novas.

Esta obra, que foi aprobada mediante unha resolución de Alcaldía, pasou polo proceso habitual de licitación, co correspondente concurso público, ao que se presentaron dez empresas. Delas, resultou ser a oferta máis vantaxosa a de Fechi SL, que será a encargada de executar os traballos.

O custe global da actuación é de 34.707,83 euros, o 80% dos cales serán financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, con cargo ao seu Plan de mellora de camiños municipais 2019 – 2020. O resto da contía será aportado polos fondos propios do Concello de Marín.

O prazo de execución das obras é de 1 mes, desde a sinatura da acta de replante.

Pavimentación de camiños

Durante o pasado mes de xullo, a Concellaría de Rural executou tamén unha serie de medidas de mellora nalgúns camiños do rural.

Concretamente, pavimentáronse os camiños de Regueiras, Barronca, Subida Pereiro, Cadrelo, Sobreiras A, Sobreiras B, Bouza, Gaibas, Pereiriña e Macenlle.

Anterior A XXII Milla San Miguel recibirá aos mellores atletas galegos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados