O Concello ofrece unha reunión informativa aos pais e nais da rapazada que participará nos campamentos de agosto

26 xullo 2021

Os campamentos de conciliación do Concello de Marín son unha gran alternativa de lecer e de ocio para a rapazada durante o verán. Despois das dúas quendas de xullo e da oferta en Mogor, organizaranse agora as quendas de agosto na Laxe e en Seixo.

Pasado mañá, 28 de xullo, a Concellaría de Benestar Social convoca a todas as familias da rapazada participante a unha reunión informativa sobre o campamento. Será na Biblioteca Pública Vidal Pazos, dividido nas seguintes horas:

20:00 – Para a primeira quincena no CEIP da Laxe
20:45 – Para a segunda quincena no CEIP da Laxe
21:30 – Para a primeira quincena en Seixo

Desde o Concello apostan por este tipo de campamentos como un xeito de facilitar ás familias da vila a conciliación nun momento, o verán, no que os nenos e as nenas non teñen obrigas escolares.

A oferta de ocio, ademais, ten unha parte de didáctica moi boa para os participantes, no que se lles trata de reforzar as aptitudes en diversas disciplinas, incluíndo o inglés.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies