O Concello renovará a súa axuda anual ás ONGs da vila, cunha inversión de 14.500 euros

O Concello renovará a súa axuda anual ás ONGs da vila, cunha inversión de 14.500 euros

1 febreiro 2021

A atención social é un traballo fundamental da administración local marinense, que é consciente do apoio que supón para o Concello o inestimable labor que realizan as organizacións sen ánimo de lucro da localidade.

Neste sentido, o Concello aporta unha subvención nominativa anual a estas entidades, para axudar a sufragar os gastos da súa actividade. En total, esta inversión ascenderá este ano a 14.500 euros.

De xeito concreto, o Comedor benéfico de Marín recibirá 5.000 euros; Cáritas Santomé, 500 euros; Amenac, 1.500 euros; SOS Marín, 2.000 euros; a Asociación Española contra o Cancro, 4.000 euros; Sor Elvira, 1.500 euros.

O obxectivo destas axudas, tal e como expón o Goberno local, “é poder axudar ás asociacións a que poidan levar a cabo a atención social dos seus usuarios e usuarias do mellor xeito posible”.

A esta subvención puntual, súmanse outras iniciativas que se promoven desde o Concello como a campaña solidaria de recollida de alimentos que se leva a cabo no Nadal. Esta Semana da Solidariedade conseguiu recabar cerca dunha tonelada de alimentos de Nadal e non perecedoiros.

 

Situación complexa derivada da crise sanitaria

Neste ano, nas diversas reunións mantidas entre las ONGs e o Concello, todas as organizacións coincidiron en facer unha análise pesimista da situación, debido ás dificultades económicas que acarrea a crise sanitaria que estamos a atravesar. “En xeral, todos apuntan a un aumento do número de familias que atenden, incluso dalgunhas que veñen desde Pontevedra”, asegura Sanmartín.

Por iso, estas axudas, así como outras campañas que se desenvolverán ao longo do ano “son primordiais, hoxe más ca nunca”, afirman desde o Concello.

 

Anterior O Entroido de Marín vivirase a través das pantallas coa participación de todas as asociacións que o fan posible

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados