O Concello reparte no Mercadiño de Marín pins morados para incentivar a participación da veciñanza nos actos do 25N

Diversos membros do Goberno municipal, así como representantes das asociacións de mulleres da vila e do CIM, acudiron ao Mercadiño de Marín e á Praza de Abastos para repartir pins morados, con motivo da conmemoración, o próximo luns 25 de novembro, do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O obxectivo da visita foi o de informar aos veciños e veciñas sobre os actos que o Concello ten programados para esa xornada e de incentivar a súa participación neles. O momento central será ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello, onde a artista marinense Celeste Garrido lerá un manifesto
público de loita contra esta lacra, cuxo contenido foi consensuado pola Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero.

Nese momento tamén se entregarán os Premios Lazo Violeta, que este ano recaerán na exposición Voilá la Femme, do Ateneo Santa Cecilia, pola promoción de novos talentos femininos no mundo artístico; na propia Celeste Garrido, comisaria desta mostra; e en Isabel Carragal, unha muller loitadora que pelexou ata o último momento para conseguir a incapacidade laboral polo cancro que sufría.

Ás 20.00 horas, o salón de actos do IES Illa de Tambo acollerá a última cita do programa do 25N, unha obra teatral “O rueiro das liortas”, na que se fará un retrato do sociedade actual, marcada por esa violencia machista que non desaparece.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies