O Concello sinalizará 45 lavadoiros para revalorizar o seu atractivo turístico e patrimonial

Os lavadoiros son un espazo patrimonial vencellado á cultura da auga e da hixiene. Moitos deles, con centros de anos de existencia, e co avance do progreso e das novas tecnoloxías deixaron de ser un lugar funcional para converterse en pezas patrimoniais a coidar e manter.
O Concello de Marín conta cun gran número de lavadoiros, calcúlase que máis de 60. Co obxectivo de garantir a súa preservación e que os marinenses e turistas poidan visitalos e coñecer a súa localización e a toponimia de cada zona, o Goberno local levará a cabo un proxecto de sinalización destes enclaves.
Os traballos consistirán na sinalización de accesos e do topónimo onde se sitúan os lavadoiros. Para conseguir tal fin, empregaranse materiais que se integren á perfección ca contorna, como a madeira.
Os lavadoiros que se sinalarán son: de Pedreiras, de Mogor, de Redón, de San Pedro, da Finca de Briz, de O Souto ou Sequelo, de Carregal, de Bravos, de Outeiro, de Bagüín ou do Cañoto, de Bagüín II, de Outeiro, da Fonte do Castiñeiro, de Cidrás, da Moreira, de Arravalde, de Pedra Cuíña, de Puntiña, de Igrexario (San Xián), da Grela, de Aguete, de Loira, do Gorgullón, de Pardavila-Fixón, de Bexa-Soaxe, de Xermade, de Falcón, de Casal en Fixón, do Pozo do Río, de Cruxeiras, de Magáns, de Chic ou Río de Casás, do Cura, de Picotes, de Allariz, de Preguntas, do Pozo, da Esperela, de Pesqueiras, de Pesqueiras II, de Cadrelo, do Pereiro, de Lameiro, de Sarax, de Cabodevila e de Pastoriza.
O orzamento global da actuación ascende a 13.615,92 euros, para o que se solicitará unha subvención ofertada pola Deputación Para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico e cultural.
Xunto a isto, o Goberno local leva desarrollado diversos proxectos de mantemento e limpeza dos lavadoiros principais da vila, conscientes da súa importancia e valor patrimonial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies