Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Día das Letras Galegas homenaxeará aos gañadores de todas as edicións do Premio de Narración Curta e Poesía do Concello de Marín

O Día das Letras Galegas celebrarase este ano en Marín dun xeito telemático, utilizando as novas tecnoloxías como unha canle de comunicación máis na que potenciar e fomentar a utilización do noso idioma, o cariño pola súa fala e o interese e o coñecemento sobre aqueles e aquelas que foron os grandes escritores e escritoras das nosas letras.
A situación de crise sanitaria vivida polo coronavirus levou ao Concello a tomar a decisión de pospoñer a celebración do XVI Premio de Narración Curta, do que o domingo se estaría a celebrar a entrega de premios. Como aclarou no seu día a concelleira de Cultura ao respecto, este certame “non queda suspendido, senón que se retomará cando sexa posible”.
Para paliar este retraso da convocatoria, o departamento de Cultura decidiu que o Día das Letras servirá para facer unha homenaxe a todos aqueles que participaron no certame desde o seu inicio, recompilando as primeiras frases dos textos gañadores ao longo dos anos, tanto na modalidade de poesía como na de narración curta.
O documento verá a luz o mesmo domingo e poderá descargase a través das redes sociais do Concello e da web municipal.

Música popular en galego
Outra das actividades que formará parte da programación dixital do Día das Letras Galegas será a emisión de dous vídeos nos que leva traballando todo este tempo o coro da Escola Municipal de Música de Marín.
Os nenos e nenas da agrupación xunto cos seus mestres aproveitaron as posibilidades das novas tecnoloxías para gravar conxuntamente “A Rianxeira” e “A saia da Carolina”.

#QueLeMarín? – Edición Letras Galegas
Finalmente, a Bibliteca Municipal Vidal Pazos sumarase á celebración do 17 de Maio adaptando as súas recomendacións literarias semanais, que se comparten baixo o cancelo #QueLeMarín? nas redes sociais, e que desta vez serán todas en galego.
Aínda que esta instalación municipal mantense pechada e o préstamo de libros físicos segue conxelado, o Concello lembra que todas as recomendacións literarias están dispoñibles na modalidade de préstamo dixital no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies