O mercadillo de Marín volverá poder contar co 100% dos postos

05 maio 2021
O Concello de Marín informou esta semana a todos os que teñen posto no Mercadillo do xoves que a partir de mañá poderán instalarse o cen por cen dos postos que teñen autorización. Ata o momento,m o aforo estaba reducido ao 50% dos vendedores e turnábanse na asistencia, vindo os pares e os impares en semanas alternas.

Esta decisión tómase en conformidade coa orde do 21 de abril de 2021 pola que se modifica a orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, respecto dos mercados con menos de 150 postos autorizados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies