O Pleno aproba oficialmente o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais de Marín

O Concello de Marín xa conta cun Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais. Así foi aprobado oficialmente onte no Pleno municipal da Corporación marinense, despois de que pasasen os 20 días de exposición pública e de que se resolvesen as alegacións correspondentes. O plan conta, ademais, co aval dos técnicos municipais e da Dirección Xeral de Defensa do Monte, organismo dependente da Consellería de Medio Rural.
O proxecto foi elaborado pola empresa Seaga, ao abeiro dun convenio que a empresa ten coa Xunta de Galicia e coa Fegamp e ao que está adherido o Concello de Marín. Este convenio ten como obxectivo que todos os concellos galegos cumpran ca lexislación autonómica en materia de prevención e defensa contra os incendios.
Para iso, a Xunta pon a disposición das entidades locais os servizos da empresa co fin de elaborar os plans naqueles lugares onde aínda non existan, como era o caso do municipio marinense.
O obxectivo que ten o Concelle é poder ter listo o plan ao cen por cen para a primavera do 2020, coincidindo ca nova tempada de actuacións para a prevención dos incendios forestais.
Franxas secundarias para freas as lapas
Tal e como explica o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, o proxecto contempla unha primeira fase do plan, consistente na creación de franxas secundarias, é dicir, áreas de seguridade que se separen 50 metros do límite xeográfico do núcleo rural, que deben estar libres de maleza e de especies pirófitas.
A segunda fase do proxecto, que se realizará máis adiante, tamén por Seaga, contempla a protección daquelas vivendas illadas e das redes de viarios rurais e urbanos que non están dentro dos núcleos.
Unha aplicación para as notificacións

Co fin de desenvolver na práctica os plans municipais, Seaga pon a disposición dos concellos a aplicación Xesbio, toda vía en fase de creación, a través da cal o concello marinense poderán introducir de forma informatizada todos os datos das referencias catastrais que se verán afectadas polo novo plan municipal.
Así, poderán enviarse sinxelamente as notificacións aos propietarios das fincas para que poidan proceder á adaptación e limpeza das súas fincas, en caso de atoparse dentro do límite dos 50 metros das franxas secundarias.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies