Contacto | Tel.:986 88 03 00

O prazo para presentar solicitudes ás hortas urbanas do Sequelo amplíase ata o 20 de xaneiro

O Concello de Marín informou da ampliación do prazo de presentación de solicitudes para acceder a unha das hortas urbanas ecolóxicas do Sequelo, que será ata o día 20 de xaneiro. Este cambio retrasará un pouco o sorteo das parcelas, que finalmente será o día 27 de xaneiro ás 12.00 horas no salón de Plenos do Concello de Marín.
Concebidas coma un sistema de cultivo individual e autosostible, as hortas urbanas son unha iniciativa que colleita enorme éxito entre os marinenses e que o Goberno local quere impulsar. Por iso, este ano a cesión pasará a ser de catro anos e non de dous, tal e como estaba estipulado ata o momento.
Esta é a principal novidade deste novo concurso, no que saen a sorteo 71 parcelas, que se repartirán da seguinte maneira:
• 40 hortas para persoas xubiladas ou pensionistas
• 15 hortas para persoas en paro que non reciban prestación por desemprego
• 12 hortas para a veciñanza en xeral
• 4 hortas para persoas con discapacidade (≥33%) ou que demostren intolerancias químicas.
Debido á alta demanda, só se aceptará unha solicitude por cada enderezo de empadroamento. Ademais, no caso de que algún dos adxudicatarios xa conte cunha parcela do ano anterior, poderá seguir explotando ese mesmo terreo. No caso de que algún dos grupos antes referenciado non se chegase a completar cas solicitudes presentadas, sortearanse as vacantes entre o resto de persoas dos outros grupos.
O lugar de presentación das solicitudes será o Rexistro Xeral do Concello, sito na Avenida de Ourense, achegando a seguinte documentación:
– Instancia xeral solicitando formar parte da convocatoria para obter o correspondente permiso para explotar unha das hortas urbanas.
– Fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
– Volante de empadroamento que xustifique levar empadroado en Marín un
mínimo de dous anos.
– Documento acreditativo de acharse en situación de desemprego e non percibir prestación algunha.
– Documento acreditativo de acharse en situación de xubilación.
– Documento que acredite dispoñer como única fonte de ingreso unha prestación
por invalidez.
– Documento de grado de minusvalía.
– Informe médico de Intolerancia Química.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies