Contacto | Tel.:986 88 03 00

O San Migueleiro contará cunha caravana morada para garantir unha festa libre de violencia de xénero

A Concellaría de Medio Ambiente e Benestar Social e o CIM queren garantir que unha das festas de máis afluencia do municipio, o San Migueleiro, que se celebrará o próximo 28 de setembro, sexa segura e estea libre de actos de acoso e violencia machista.
Para iso, instalarán ao lado do Palco da Música, situado na Alameda, unha caravana morada, que servirá como punto de atención, axuda e asistencia ás mulleres que así o poidan necesitar.
O servizo será ofrecido pola consultora Aristogal, con cuxas integrantes estiveron reunidas hoxe pola mañá as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira e as traballadoras do CIM de Marín.
Segundo explicaron desde a consultora, os servizos que ofrece a caravana son variados. Por unha banda, prestan acompañamento a calquera muller que así o precise, para que non teña que facer soa ningún percorrido no que se poida sentir insegura; ademais de proporcionar todas as axudas necesarias a aquelas rapazas que se atopen nalgún momento soas, perdidas ou sen medios para comunicarse co seu grupo de amizades ou coñecidos.
Por outro lado, os voluntarios da caravana ofrecen aos nenos máis pequenos unhas pulseiras personalizadas, nas que escribir os seus nomes e o teléfono de contacto dos seus pais por se se perderán no transcurso da festa.
A maiores, no interior da caravana ofrecerase asesoramento psicolóxico e será o punto de denuncia para todos os asistentes á festa que poidan chegar a presenciar condutas inadecuadas ou irrespectuosas.
En todas estas cuestións, a organización encargada da caravana traballará en equipo coa Policía Local e Nacional.

Formación do voluntariado
Para poder ser voluntario na caravana que se instalará no San Migueleiro é obrigatorio pasar por unha formación previa en cuestións de atención a vítimas dalgún tipo de violencia machista. É un paso irrenunciable tanto para o Concello como para a consultora, dado que é imprescindible que as persoas que estean presentes na festa saiban afrontar situacións de todo tipo de maneira profesional e efectiva, coñecendo os protocolos actuais de prevención de agresións machistas.
Esta formación será impartida por persoal da consultora o xoves 26 de setembro nas instalacións do CIM, situadas na Finca de Briz. Serán catro horas, de 17.00 a 21.00, e será obrigatorio apuntarse previamente (con prazo ata a mesma mañá do día 26).
Poden optar a este voluntariado tanto homes como mulleres de Marín e doutros concellos. O único requisito é que deben ser persoas maiores de 16 anos. Para anotarse, poden facelo escribindo un email a caravanamorada@gmail.com ou escribíndolle unha mensaxe privada a calquera das redes sociais da Caravana Morada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies