Contacto | Tel.:986 88 03 00

Presentadas as bases polas que se regula o Espazo de Innovación Alimentaria de Marín

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) deu a coñecer a bases polas que se regula o Espazo de Innovación Alimentaria situado no Parque Azul de Marín.

As presentes bases teñen por obxecto a regulación do funcionamento deste espazo, co que se quere atraer de xeito importante o emprendemento á nosa vila, establecendo o procedemento de adxudicación de espazos, a relación entre os cesionarios e o órgano de xestión do EEIA, a normativa de réxime interno, e o réxime económico.

O centro está situado nas instalacións do Parque Azul, con acceso dende o casco urbano da vila e conta con: aula gastronómica e de showcooking cunha superficie de 85,83 m2 e tres despachos independentes de 17,97 m2, 16,27 m2, e 21,38 m2 respectivamente. Ademais, existen outros dous espazos a maiores, unha sala de reunións e baños totalmente equipados.

O obxectivo principal da implantación deste espazo é o de dar ao Concello de Marín a posibilidade e o impulso necesario para responder a unha demanda das empresas de toda a provincia nun lugar inmellorable e coa mellor comunicación posible.

Ademais, a posta en marcha do EEIA por parte do Concello (e xestionado por AJE) ten, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Favorecer a promoción das empresas do sector alimentario e dos produtos locais facilitando o espazo do EEIA para demostracións de produtos innovadores, showcookings, e diversas actividades que poidan xurdir da asociación coas empresas
  • Servir como espazo formativo especializado no sector da alimentación
  • Contribuír á creación, impulso e consolidación de novos proxectos empresariais.

O servizos que porá a disposición dos beneficiarios serán os seguintes:

  • Información e asesoramento en temas de emprendemento.
  • Servizo de limpeza e mantemento.
  • Iluminación.
  • Climatización.
  • Liña telefónica e conexión a internet.
  • Uso de zonas comúns

Neste senso, e a efectos de control interno, os cesionarios deberán solicitar ao órgano de xestión do EEIA, a utilización dos espazos de uso común.

O obxectivo da EEIA é funcionar como un proxecto aberto, dinámico e innovador, no que se cren sinerxias económicas e sociais con institucións, asociacións ou entidades de diversa índole que teñan influencia na área comarcal e que poidan atopar neste espazo unha oportunidade de negocio e de creación de novas ideas empresariais no ámbito alimentario.

Para coñecer a fondo os requisitos tanto para ser cesionario do centro coma a capacidade así coma as solicitudes necesarias e os baremos para poder optar a un dos postos do EEIA, consultar na páxina web da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra na seguinte ligazón: http://www.ajepontevedra.es/bases-polas-que-se-regula-o-espazo-emprendedor-de-innovacion-alimentaria/

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies