Contacto | Tel.:986 88 03 00

Resolucións con efectos en materia tributaria

  • RESOLUCIÓN MODIFICACIÓN CALENDARIO FISCAL IBI 2020

Resolución

  • ANUNCIO MODIFICACIÓN CALENDARIO FISCAL

ANUNCIO

  • Polo departamento de xestión tributaria deste Concello foi elaborado o padrón fiscal das taxas pola prestación dos servizos de subministro de auga potable, recollida de lixo e sumidoiro, así como do canon da auga e coeficiente de vertido da Xunta de Galicia, correspondente ao 2º trimestre de 2020, padrón que ascende a un total de 915.885,37 euros e consta de 12.869 recibos, co detalle que se indica no documento anexo. O artigo 15 das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas pola prestación dos servizos de subministro de auga potable, sumidoiro e recollida de lixo dispón que os padróns fiscais destas taxas serán elaborados polo departamento de xestión correspondendo á Intervención de fondos a súa fiscalización e toma de razón, e á Alcaldía a súa aprobación.

Resolución

  • Segundo se indica no calendario fiscal recollido no artigo 4 da Ordenanza de Tesourería e recadación de tributos do Concello de Marín, adaptado para o ano 2020 mediante Resolución nº 3476 do día 30 de decembro de 2019, o período voluntario de pago das taxas pola prestación dos servizos de subministro de auga, recollida de lixo e sumidoiro do 2º trimestre de 2020 comprendía dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro de 2020, sendo o día 3 de agosto a data prevista para o cargo en conta dos recibos domiciliados.

Resolución

  • O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de xuño de 2020, aprobou provisionalmente a modificación da ordenanza fiscal xeral de Tesourería e recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público. En cumprimento do establecido no artigo 17.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente a información pública por un prazo de 30 días contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra

Resolución

 

  • Modificación de calendario fiscal por causa de estado de alarma, de modo que se fixa no 31/08/2020 a data final de pago en voluntaria do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da taxa por ocupación de vía pública con vao permanente. É dicir, soamente para este exercicio pásase do 06/04/2020, data prevista en calendario fiscal, ao 31/08/2020.

Resolución

 

  • Levantamento de suspensión de tramitación de procedementos de xestión tributaria e recadación que fora declarada por estado de alarma. Tamén se fixa o criterio para poñer á cobranza as cotas de fraccións correspondentes aos meses de marzo, abril e maio. Modifícase a data de cargo da 1ª cota do imposto sobre bens inmobles para os que optaron polo pago fraccionado, pero esta medida só afecta a 5 persoas.

Resolución

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies