Retomados os traballos da segunda fase da humanización de Concepción Arenal

Retomados os traballos da segunda fase da humanización de Concepción Arenal

Desde este luns, a actividade da construción púxose de novo en marcha, polo que foi posible reanudar os traballos da segunda fase da humanización de Rúa Concepción Areal, que quedaron paralizados nestas últimas dúas semanas por mor das restricións do estado de alarma.

Segundo anunciou o Concello, nestes momentos están a realizarse os cruces transversais coas tubaxes de abastacemento e electricidade, finalizando así a súa renovación.

O cronograma que teñen os operarios contempla que ao inicio da próxima semana, dependendo sempre da climatoloxía, dado que é necesario que no chova, comezaranse a executar con formigón pulido o tramos de estacionamento e a entrada á gasolineira. “Paralelamente, remataranse pequenos traballos de remate de pozos, arquetas…”, explican fontes municipais.

No que respecta á pavimentación, está previsto que se lle dea comezo a finais de mes. Este labor ocupará ao redor de catro días e á súa finalización colocaranse os elementos de sinalización horizontal e vertical, mobiliario urbano, xardinaría…

Con estas previsións, esperase poder rematar a segunda fase da humanización deste viario cara finais do mes de maio.

Anterior O Concello inicia un voluntariado coordinado para confeccionar mascarillas de cara ao inicio da desescalada

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados