Reunión Consello Municipal da Muller

Reunión Consello Municipal da Muller

O día 5 de xuño de 2017, ás 10.00 horas, na casa consistorial, tivo lugar a reunión ordinaria do Consello Municipal de Muller. O único punto da orde do día foi “Propostas para favorecer a transversalidade de xénero nas diferentes políticas municipais”

Aproveitando que o Consello municipal ten entre as súas funcións a proposta de actuacións e acordos ás diversas Concellerías e a Corporación, formuláronse unha serie de iniciativas entre as que destacan o control sobre o uso non sexista da linguaxe nos documentos administrativos municipais, usando terminoloxía que non oculte,non subordine,non infravalore e inclúa a ambos sexos. Para favorecer este labor porase a disposición dos diferentes departamentos do concello e das asociacións municipais material a modo de guías que traballan este tema.

Así mesmo, presentáronse inicitivas de actividades de convivencia e formación aberta ás asociacións co obxectivo de seguir traballando no pulo da igualdade entre mulleres e homes.

Formuláronse tamén propostas sobre a recollida a través de recopilatorios, en formato fotográfico, da traxectoria histórica do Consello Municipal da Muller e os logros conseguidos dende a súa creación no ano 2005.

A nivel formal cabe destacar o cambio de titularidade da representante de Marea Veciñal de Marín no Consello, Sofía Abal Sanabria por Estrella Pallín Tato e a nova data da reunión ordinaria proposta para o día 23 de outubro de 2017.

Anterior Campionato Galego de Hip Hop

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados