Sorteo hortas urbanas

Sorteo hortas urbanas

O Concello de Marín adxudicou hoxe as 71 hortas urbanas que se poñen a disposición da veciñanza de Marín.

O haber 86 solicitudes procedeuse ao sorteo, ao que acudiu a Concelleira de Medio Ambiente e unha funcionaria do Concello.

O sorteo discurreu con normalidade, facendo de man inocente dous periodistas presentes no mesmo.

No mesmo día fíxose pública a lista de adxudicatarios e adxudicatarias e a lista de reservas.

A concelleira comentou aos presentes que este ano, ao haber lista de espera, efectuarase un control para confirmar que os peticionarios son os que realmente explotan as hortas, sobre todo ante as queixas recibidas de que existen persoas que traballan varias hortas que non están adxudicadas ao seu nome.

LISTAXE

Anterior Listaxe provisional técnico prospeción laboral

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados