Sorteo Hortas Urbanas.

Sorteo Hortas Urbanas.

Por resolución de Alcaldía de data 25 de novembro de 2015, aprobáronse as bases para a concesión das autorizacións de uso común especial, por dous anos, sobre as 71 parcelas integrantes das hortas urbanas ecolóxicas sitas na parcela municipal lindante co pavillón de Sequelo do Concello de Marín.

O prazo para a presentación de solicitudes deu comezo o día 3 de decembro de 2015 e finalizou o día 21 de decembro de 2015 (ambos inclusive)

Os requisitos dos solicitantes e a documentación a presentar son os previstos no artigo 4 das basesreguladoras da convocatoria.

As solicitudes presentaronse no Rexistro xeral.do Concello de Marín sito en Avenida de Ourense, s/n., 36900 – Marín dentro do prazo de presentación.

O sorteo público para o otorgamiento de 71 autorizacións dispoñibles, tivo lugar o pasado día 29 de decembro de 2015, ás 12:00 horas, nas dependencias municipais.

Foron adxudicatarios os que reunían os requisitos das bases quedando algunhas vacantes que se seguirán adxudicando por orden de entrada do rexistro para as que xa hai de novo solicitudes.

O obxectivo é continuar con esta iniciativa e fomentar o bo uso e premiar os que teñen un bo coidado.

Anterior Arranxo da Fonte de Abaixo de Pastoriza.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados