Últimas prazas da Escola Municipal de Música para o curso 2021-2022

Últimas prazas da Escola Municipal de Música para o curso 2021-2022

27 setembro 2021

A Escola Municipal de Música informa das prazas vacantes que aínda quedan para que nenos e nenas de entre catro e sete anos poidan gozar da aprendizaxe musical no curso 2021-2022.

Estes serían os grupos nos que aínda se pode oficializar matrícula:

● Catro prazas para nenos de seis anos de Música e Movemento, os luns de 16.30 a 17.25 horas.
● Tres prazas para nenos de sete anos de Música e Movemento, os luns de 16.30 a 17.25 horas.
● Dúas prazas para nenos de catro anos de Música e Movemento, os martes de 16.30 a 17.25 horas.
● Dúas prazas para nenos de seis anos de Música e Movemento, os martes de 16.30 a 17.25 horas.
● Unha praza para un neno de cinco anos de Música e Movemento, os venres de 16.30 a 17.25 horas.
● Catro prazas para nenos de sete anos de Música e Movemento, os venres de 16.30 a 17.25 horas.
● A partir de 8 anos quedan vacantes 2 prazas de Linguaxe Musical, 2 de Piano e 3 de Violín.

Os días para poder oficializar a matrícula son o mércores 29 e xoves 30 de setembro, de 17.30 a 20.00 horas, no local da Escola Municipal Música, sita na Finca de Briz.

Anterior O Concello aportará máis de 880.000 euros para a construción do Auditorio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados