Valoradas cinco zonas semiurbanas para colocar composteiros comunitarios en Marín

Valoradas cinco zonas semiurbanas para colocar composteiros comunitarios en Marín

O Concello de Marín segue avanzando no seu obxectivo de incorporar a compostaxe á xestión dos residuos biodegradables da veciñanza de Marín. Para iso, durante este ano adheriuse ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, administración ca que está a deseñar as ubicacións ideais para estes elementos de reciclaxe.
Segundo adiantou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, os composteiros comunitarios colocaranse en zonas semiurbanas, “nas que haxa unha maioría de casas unifamiliares con espazos verdes, onde é máis demandado e utilizable o compost que se xerará nos composteiros”.
De maneira preliminar, o Goberno local está valorando colocar varios destes elementos nos entornos do Sequelo, Barriadas de San Pedro, de Mogor, da Cañota ou en Cantodarea. Crearanse, por tanto, nestes espazos o que se coñece como Centros de Compostaxe Comunitaria, é dicir, unha instalación pensada para prestar servizo a pequenas comunidades de veciños nas que se produzan residuos de material orgánico e biodegradable.
Deputación e Concello seguirán perfilando este plan de compostaxe comunitaria, que se irá desenvolvendo ao longo do próximo 2020.

Compostaxe individual de Sogama
Aínda que esta será a primeira vez que se instalen composteiros comúns na vila marinense, esta forma sustentable de xestionar os biorresiduos non é nova para o municipio, dado que 100 composteiros individuais de Sogama xa levan un ano en funcionamento en diversas casas marinenses, especialmente do rural, na zona de Pardavila.
Tal e como explica Sanmartín, a ano pasado repartíronse cen composteiros individuais “que colleitaron moito éxito entre aqueles que os solicitaron a través da Asociación de veciños da Pardavila”. Tanto é así que a demanda destas instalacións foi a máis, polo que o Goberno local anuncia que se pediron outros cen composteiros máis.
“Xa tramitamos a petición ca Consellería de Medio Ambiente, concretamente con SOGAMA e recibirémos os composteiros unha vez pase toda a época do Nadal”, afirma Sanmartín.

Anterior Seleccionadas as cen persoas que participarán no Programa Integrado de Emprego de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados