A alcaldesa e as ONGs firman as subvencións nominativas que reciben para apoiar o seu labor
A alcaldesa e as ONGs firman as subvencións nominativas que reciben para apoiar o seu labor

A alcaldesa e as ONGs firman as subvencións nominativas que reciben para apoiar o seu labor

Tamén mantiveron unha reunión coa concelleira Marián Sanmartín de cara á campaña de Nadal, na que se lles repartirán 8.000 euros a maiores

Marín, 10 novembro 2025

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu hoxe no Concello ás ONGs que firmaron o convenio polo que se regulan as subvencións nominativas, “coas que desde o Concello tratamos de axudar económicamente no desenvolvemento do seu labor, que é esencial para a sociedade”.

De xeito concreto, asinaron o convenio Sor Elvira, por unha axuda de 3.000 euros; Amor en Acción, por outros 3.000; Cáritas Santomé, por 1.000 euros e o Comedor Social, por 5.000.

Despois, mantiveron coa concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, unha reunión de coordinación para a campaña de Nadal, para a que se lles repartirán outros 8.000 euros en total, co obxectivo de axudar ás familias cos gastos do supermercado, que se elevan nestas datas, e dalgún agasallo.

As asociacións fixeron un moi bo balance da recollida de alimentos que se levou a cabo esta fin de semana e adiantaron que se volverá facer a tradicional Semana da Solidariedade nos centros educativos dentro das datas de Nadal, onde tamén se recollerán alimentos para quen máis o precisa.

Anterior O Concello e Aromon ofrecerán un curso de iniciación á escalada para estrear a nova zona habilitada en Loira

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados