Aberto de novo o prazo para presentar ofertas para a xestión do quiosco de Portocelo
Aberto de novo o prazo para presentar ofertas para a xestión do quiosco de Portocelo

Aberto de novo o prazo para presentar ofertas para a xestión do quiosco de Portocelo

O prazo será de 15 días naturais a contar a partir de hoxe, cando se publicou o anuncio no BOPP.

Marín, 26 xuño 2025

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publico hoxe o anuncio da apertura do prazo para concorrer á xestión do quiosco da praia de Portocelo desde este verán e ata o 2028.

Trátase do quisoco de venda de xeados e refrescos que sempre se coloca neste areal, así como no resto das praias, así como a súa terraza, e que pode estar en funcionamento entre o 1 de maio e o 31 de outubro de cada ano.

O canon polo que sae a concurso este quiosco é de 1.560 euros, cunha fianza de 975 euros, e conta cunha superficie de 39 metros cadrados. O abono total polas catro anualidades efectuarase por metades, debendo aboar o 50% con carácter previo á adxudicación da autorización nos 10 días hábiles seguintes á notificación do requerimiento da documentación necesaria, para despois proceder á adxudicación.

A presentación de ofertas realizarse telemáticamente a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Anterior As praias de Marín xa teñen aos seus socorristas: arranca o servizo, que este ano duplica o número de desfibriladores

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados