Comezaron os traballos para selar as gretas do Lago de Castiñeiras.
A concelleira de Medio Ambiente, acompañada polo técnico municipal, trasladouse ata alí, para ver os traballos de evacuación das especies animais que habitan nela, e os inicios da obra de selado das grietas.
O primeiro foi vaciar a lagoa de peixes e outras especies, para así evitar o seu sufrimento o quedar sen auga, polo que na tarde de onte se procedeu por parte do Servizo de Conservación da Xunta de Galicia de Pontevedra a realización de pesca eléctrica e se recolleron preto de 50 quilos de especies exóticas e invasoras, coma o cangrexo americano, carpíns e carpas, e tamén 48 troitas do país. Na mañá de hoxe, unha vez que o nivel de auga e a altura do lodo, non permitiu xa traballar con pesca eléctrica, comezouse por debaixo da presa, a facer tres filtros con redes para poder coller as especies que saían polo propio desaugadoiro para o seu traslado.
As especies exóticas ou invasoras serán eutanasiadas para evitar que sexan verquidas noutros regatos e provoquen catástrofes naturais, mentres que as troitas do país están sendo trasladadas ao río Loira e outras serán gardas para repoboar a Lagoa de Castiñeiras unha vez rematen as obras, e así poder volver a ter un coto de pesca nun período breve de tempo.
Mentres tanto xa se está comezando cos traballos do muro, facendo unha gabia perimetral á zapata para formigonar e tentar evitar as fugas que se producen e así frear as fisuras.
O Concello de Marín, co visto bo das CCMM de San Xulián e Santomé, é o encargado de desenvolver as obras, que contan co informe favorable de Augas de Galicia.
O lago Castiñeiras é un lago artificial, feito nos anos 50, realizando un pequeno encoro con pedras unidas con algún tipo de conglomerante; dita represa non se puido inspeccionar ó estar totalmente cuberta por unha estrada local aglomerada, polo que as fugas ou desaugadoiro de fondo incontrolados entre as pedras da base da represa, son as que ata agora deixaban o Lago sen apenas capa de auga cada verán.
As obras consisten no picado do morteiro das xuntas de pedras e retirada de entullos a vertedoiro controlado, limpeza do lodo do fondo a 2 m. do muro para poder realizar o selado da zapata, chorreo do muro con auga a presión, escavación de gabia nas dúas cabezas onde remata o muro de contención e o formigonado das ditas gabias coa correspondente armadura para a construción do muro de formigón, acaroado ó muro de pedra existente.
Estes traballos durarán sobre dúas semanas, polo que a urxencia das obras é realizala xusto antes de que comecen as choivas.