Arrancan as obras da Rúa do Forte e o Vial de Praias, claves para mellorar a mobilidade entre o centro e as praias
Arrancan as obras da Rúa do Forte e o Vial de Praias, claves para mellorar a mobilidade entre o centro e as praias

Arrancan as obras da Rúa do Forte e o Vial de Praias, claves para mellorar a mobilidade entre o centro e as praias

Continuarase o itinerario peonil e ciclista da primeira fase desta rúa e mellorarase toda a senda das praias ata Mogor. Trátase dun dos proxectos clave do Plan de Sostibilidade Turística, cunha inversión de 564.113,26 euros

Marín, 14 outubro 2025

O Concello de Marín informa do inicio das obras de continuación da senda peonbil e ciclista que unirá a segunda parte da Rúa do Forte co Vial de Praias, impulsando así unha das melloras en mobilidade máis potente para unir o centro co litoral.

Trátase dun dos proxectos máis importantes do Plan de Sostibilidade Turística (financiado polo Fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea), de cuia execución está a encargarse a empresa Oresa e que supoñen un investimento de 564.113,26 euros.

Os traballos consistirán na continuación do itinerario peonil e ciclista seguro e accesibilidade que xa se iniciou na primeira fase da Rúa do Forte, ao carón da gasolineira. Agora, continuarase por todo o resto da rúa ata o Vial de Praias e, alí, ata a praia de Mogor. “Con esta obra, conseguimos que exista unha senda para peóns e ciclistas desde o inicio do termo muncipal en Cantodarea ata a Praia de Mogor, un auténtico luxo para a mobilidade sostible”, explicou a alcaldesa, María Ramallo.

No que respecta á zona da Rúa do Forte, as carencias en materia de mobilidade son moi visibiles. As beirarrúas son irregulares, con moitas zonas estreitas e en mal estado; o pavimento está moi desgastado, é preciso renovar a rede de saneamento e o alumeado é deficiente.

Para poder mellorar todas estas deficiencias e garantir a seguridade, na zona de subida antes do cruce eliminarase a liña de estacionamento que actualmente ocupa parte dun dos carrís da calzada.

Desde ese punto e ata prácticamente a entrada de Portocelo da Escola Naval Militar, o uso será de trazado compartido entre as bicicletas e os peóns. Despois, disgregarase en dúas seccións diferenciadas, dun xeito similar a como se realizou na Avenida de Ourense.

Ademais, colocaranse redutores de velocidade e todo o alumeado pasará a ser de tecnoloxía LED, chegando con todas estas melloras á altura do Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor.

Anterior Arranca a conta atrás para unha nova edición do Samaín Briz o venres 31 de outubro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados