Arrinca “O Escaparate Estrela”, a gran campaña de dinamización comercial do CCA Estrela de Marín
Arrinca “O Escaparate Estrela”, a gran campaña de dinamización comercial do CCA Estrela de Marín

Arrinca “O Escaparate Estrela”, a gran campaña de dinamización comercial do CCA Estrela de Marín

Marín 30 de setembro de 2025

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, presentou esta mañá, a campaña “O Escaparate Estrela”, a iniciativa máis ambiciosa da nosa historia, co obxectivo de incentivar as compras no comercio local e premiar a fidelidade da clientela.

Durante o 1 ao 11 de outubro, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes deberán acumular un mínimo de 60 € en tickets de compra e, con iso, poderán rexistrar a súa participación para intentar acertar, sen pasarse, o prezo xusto de “O Escaparate Estrela”, un premio valorado en miles de euros e composto por máis de 100 produtos e servizos do comercio asociado.

A campaña, que conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, preséntase como unha oportunidade para visibilizar a diversidade e a calidade da oferta comercial da vila.

O CCA Estrela de Marín anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa:

  • Datas: do 1 ao 11 de outubro.
  • Como participar: acumular tickets de compra ata 60 € e rexistralos segundo as bases da campaña. Ademais, rexistrándose na aplicación “Comercio de Marín” gozarase dunha oportunidade a maiores para poder acertar o valor do escaparate.
  • O 11 de outubro ás 11 hrs, habilitarase o formulario para poder rexistrar os tíckets de compra e intentar acertar o valor total do escaparate.
  • Premio: “O Escaparate Estrela”, valorado en miles de euros, que se entregará ao finalizar unha gran gala, que presentará a artista Lucía Pérez e que comezará ás 19 hrs do sábado 11 de outubro. En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar.
  • Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín, esta nova edición presentouse tamén no día de hoxe, e moitas das actividades se levarán a cabo durante a xornada do día 11 de outubro, contribuindo a crear en Marín, un escenario de ilusión.
  • Toda a información, establecementos adheridos e bases da campaña poden consultarse a través da aplicación “Comercio de Marín” ou na web do CCA.
Anterior Marín clausura o Programa Integrado de Emprego, do que se beneficiaron 100 mulleres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados