Bando Cemiterios Municipais

Bando Cemiterios Municipais

Como todos os anos, ante a chegada do día de defuntos, é a nosa obriga, que Marín teña unha boa presenza e ornato, aínda máis nas instalacións municipais e nesta época tan sinalada que trae a moitos visitantes ós cemiterios municipais de Marín. Con este obxecto a alcaldía do concello, por medio do Bando colocado nos paneis de libre expresión e nos ceminterios, sinala as disposicións seguintes para lembrar e establecer unhas pautas de comportamento que toda a veciñanza debemos cumprir e respectar.

1.- LIMPIEZA E DECORO DAS EDIFICACIÓNS. As/os propietarios dos panteóns, procederán á limpeza dos terreos, sepulturas e nichos e ó pintado dos panteóns que non se atopen nas debidas condicións estéticas e de armonización co resto dos panteóns do entorno, sempre poñendo en coñecemento das actuación a levar a cabo ó persoal encargado do cemiterio.

2.-DISPENSA LICENZA DE OBRAS. Co obxecto de fomentar a limpeza e decoro dos cemiterios municipais, quedarán dispensados da respectiva licenza para este efecto, polo tanto das taxas correspondentes, sempre que estas sexan executadas entre o 1 de outubro e o 1 de novembro.

3.- HORARIO. A visita ó recinto poderá realizarse, respectando as normas establecidas ó efecto, durante o horario de apertura habitual, que os días 31 e 1 verase ampliado de 8.00 a 20.00 horas.

4.- NORMAS DE CONDUCTA. Dentro dos cemiterios municipais as/os usuarios e visitantes deberán manter en todo momento o respecto axeitado ós demais usuarios/as e visitantes así como ás características do recinto.

Anterior A rúa José del Río en Marín estreará nova imaxe

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados