O Concello abre a licitación para instalar as luces de Nadal, nas que investirá máis de 100.000 euros
O Concello abre a licitación para instalar as luces de Nadal, nas que investirá máis de 100.000 euros

O Concello abre a licitación para instalar as luces de Nadal, nas que investirá máis de 100.000 euros

As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 3 de setembro e deberán apostar, polo menos, por un 80% de LED nos elementos decorativos.

Marín, 26 agosto 2025

O Concello de Marín te aberta a licitación para poder iluminar do xeito máis bonito posible a vila nunha das épocas de maior maxia do ano: o Nadal. Para iso, investirá 108.900 euros, que se suman ao resto de decoracións que enchen de cor e de espírito de Nadal as rúas e prazas da vila.

As empresas que estean interesadas en concorrer á licitación poderán acceder aos pregos a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, onde poderán presentar as súas ofertas ata o 3 de setembro.

Tal e como se recolle no documento técnico, ademais de cumprir coa normativa actual, aos licitadores esixiránselle unha serie de características técnicas e estéticas dos motivos a instalar.

Terá especial peso o criterio de sostibilidade, apostando pola implantación de novas tecnoloxías de menos consumo enerxético. Para iso, polo menos o 80% do alumeado instalado debe ser de tecnoloxía LED.

O deseño da iluminación debe estar acorde co municipio e cubrir o maior número de rúas, prazas e zonas dispoñibles e que inclúa certas unidades singulares. Os elementos decorativos deberán ter harmonía cromática

Ademais, as empresas licitadoras deberán presentar un plan detallado de instalación, indicando con claridade a planificación de montaxe e desmontaxe, tratando de minimizar ao máximo a afección ao tráfico e á cidadanía e sen sobrepasar o prazo dunha semana.

Anterior Marín volve volcarse coa Enfermidade de Duchenne a través do padel

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados