O Concello pon a disposición catro aparcadoiros públicos ao carón das praias
Parcela A Coviña

O Concello pon a disposición catro aparcadoiros públicos ao carón das praias

Son concretamente dúas parcelas en Aguete, unha en Loira e outra xunto ao acceso á Coviña para poder aumentar a zona de estacionamento durante o verán

Marín, 06 xuño 2025

O Concello de Marín vén de poñer en funcionamento os aparcadoiros públicos que reforzar as prazas de estacionamento no entorno das praias.

Xa están listas e desbrozadas a de Aguete, que se atopa no cruce do Vial de Praias con Gago de Mendoza; a que se atopa nun lateral da estrada de acceso á praia de Loira, e a que dá servizo á praia da Coviña.

A maiores, este ano conseguiuse unha nova parcela tamén en Aguete, situada no crice do Camiño de Aguete co Vial, e na que se están realizando os traballos precisos para poder habilitala como aparcadoiro á maior brevidade posible.

Anterior Manuel Torres como nunca antes: unha xornada para redescubrir ao renovador descoñecido da arte pictórica galega do pasado século

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados