Conta Xeral 2021

Conta Xeral 2021

Un ano máis, como ven sendo obrigatorio, despóis do peche da contabilidade por parte de los servicios técnicos e de intervención, procede dar conta de la Conta Xeral do ano 2021.

Previamente foi aprobada na Comisión Especial de Contas e exposta ao público, e non se presentou ningunha alegación, polo que procede a súa Aprobación polo Pleno.

Brevemente reseñar como datos interesantes da propia Conta Xeral, , en canto á Liquidación do Orzamento, podemos determinar que o total de Dereitos Recoñecidos netos ascenderon a 19.273.897,63.-€, sendo as Obrigas Recoñecidas Netas de 19.403.01881.-€, e unha vez realizados os oportunos axustes de desviacions de financiación, se obten un resultado presupuestario axustado de 1.684.116,95.-€.

En canto ao remanente de tesorería para gastos xerais, unha vez realizadas as operacions oportunas para o seu cáculo, ascendeu a finales do ano pasado a 3.617.282,05.-€.

Polo tanto facemos unha valoración positiva, tanto do resultado orzamentario como da xestión realizada ao longo do ano 2021, tendo en conta que partimos do mesmo orzamento de ingresos prácticamente todos os anos, e sen embargo todos os gastos, e sobre todo os servicios que se prestan, se veñen incrementando ano tras ano e xa moi acentuado o ano pasado polos elevados precios da enerxía.

Cabe recordar que levamos conxelando as tasas e os impuestos desde hai moitos anos, polo tanto non é fácil xestionar e asumir máis competencias, máis servicios, máis salarios, e máis inversions cos mesmos ingresos, obtendo ainda así uns resultados positivos.

Anterior Reunión coas ONG de voluntariado social

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados