Solicitude
O Concello de Marín se adhire ao plan termal coa Deputación de Pontevedra
“Depotermal 2016” na súa modalidade de Programa termal de asistencia diaria a
balnearios durante cinco mañas ou tardes consecutivos que contará con 50 prazas
reservadas para cidadans de Marín.
Programa de asistencia diaria consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a
venres), en quenda de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas
as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características
similares, da provincia de Pontevedra, incluíndo os traslados en autocar, con guía
acompañante dende os concellos de orixe ata ó establecemento escollido e viceversa.
Os beneficiarios do programa poderán elixir indistintamente, no momento da
solicitude, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados pola empresa
adxudicataria, entendendo que a asignación de prazas neste establecemento
estará suxeita a dispoñibilidade.
Poderán ser beneficiarios das prazas de reserva subvencionadas, as persoas dos
concellos adheridos que cumprindo os requisitos establecidos na base 2ª carezan de
recursos económicos suficientes para facer fronte o custo do programa e o xustifiquen
mediante Informe Social do/a traballador/a social dos Servicios Sociais Comunitarios
Municipais, que reflicta dita situación: risco de exclusión social, escasos recursos
económicos e idoneidade do programa para o/a usuario/a solicitante. Este informe será
remitido directamente dende os servizos sociais comunitarios municipais a este
organismo provincial segundo se establece na base 7ª desta convocatoria.
Ademáis a Deputación Pontevedra oferta o Programa termal de pernoctación en réxime
de pensión completa de domingo a venres, que contará con 3.186 prazas
Programa termal de pernoctación en réxime de pensión completa : Este programa
caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel
con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da
provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de
animación sociocultural.
O paquete inclúe, ademais da estadía e a pensión completa (coas bebidas incluídas),
a utilización do spa, balneario ou outras instalacións de características similares un
mínimo de dúas horas ó día e os traslados en autobús desde os concellos de orixe
ata o establecemento escollido e viceversa
O prazo de inscrición para o programa de asistencia diaria abrirase o
próximo día 14 de xuño e será de 30 días naturais e se facilitará o impreso
de inscripción no Departamento de Servizos Sociais,que unha vez cuberto
será depositado no Rexistro Xeral do Concello.