Facturación e reclamacións na telefonía móvil

Facturación e reclamacións na telefonía móvil

Hoxe, luns 22 de xaneiro, tuvo lugar a primeira das charlas pogramadas para 2018 pola Escola Galega de Consumo en colaboración coa Aula Cemit Municipal. Asistiu numeroso público ao que se formou sobre facturación e reclamacións na telefonía móvil

*Volvemos a colaborar co Instituto Galego de Consumo a través da emisión dunha nova serie de charlas informativas que terán lugar o primeiro luns de cada mes, dende xaneiro ata outubro, exceptuando os meses de verán.

Estas charlas, que se emiten desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora – hora e media, e están orientadas para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais. Una vez rematada a exposición dos contidos, abrirase un turno de preguntas en cada unha das aulas para que os participantes poidan interactuar co ponente e consulten as súas posibles dúbidas.

A seguinte das charlas previstas será

O ETIQUETADO DOS PRODUTOS

DÍA: Luns, 05 de FEBREIRO, de 11:00 a 12:30 horas

Temática:

Todos os produtos teñen que levar a súa correspondente etiqueta, que é “a súa tarxeta de presentación”. A pesar de estar familiarizados coas etiquetas, moitas veces descoñecemos a importante información que nos facilitan sobre o produto que estamos a mercar e as súas características, requisito necesario para tomar a mellor decisión de consumo.

Nesta actividade explicaranse, dun xeito sinxelo e práctico, as distintas partes xerais e obrigatorias do etiquetado de calquera produto que se comercialice. Diferenciando as partes obrigatorias específicas segundo a tipoloxía do produto: tecnoloxía, alimentación, xoguete e téxtil. Explícase a información facultativa do etiquetado: as partes non obrigatorias que indican algunha característica do produto ou do seu envase.

Anterior A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron máis de 175.000 quilos de peixe e marisco e máis de 24.000 aparellos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados