Iníciase a enchedura do depósito da Costa, que entrará de novo en funcionamento

Iníciase a enchedura do depósito da Costa, que entrará de novo en funcionamento

19 setembro 2022

A xestión da rede municipal de abastecemento da auga é un dos eixos de traballo do Goberno local, que hai seis meses iniciaba a obra de mellora e reforma do depósito da Costa, un depósito do que hoxe comezou a súa enchedura.

Trátase dunha obra de vital importancia para o municipio, xa que, xunto co depósito de Pedreiras, é o que abastece a todo o casco urbano de Marín. Durante os traballos, acondicionouse toda a instalación, incluindo a cámara de chaves, e renovouse a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.

En total, investíronse crca de 163.000 euros, con cargo ao Plan Concellos, e está previsto, por tanto, que entre en funcionamento nas próximas semanas. Desde o Concello, inciden na “relevancia que ten facer inversións na boa xestión do ciclo da auga”, xa que se trata dun servizo público esencial.

Especialmente, a día de hoxe esta xestión correcta está no punto de mira, pola situación de prealerta por sequía que se esta a vivir con carácter global no noso país.

Anterior Marín dotarase de ferramentas dixitais para conservar e poñer en valor o patrimonio da vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados