Marín concede as primeiras catro licencias para a apertura de furanchos esta tempada

Marín concede as primeiras catro licencias para a apertura de furanchos esta tempada

13 abril 2021
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañado do concelleiro Manuel Domingos, acudiron aos furanchos Chámpalle unha gaseosa e A do Currante a facerlle entrega aos seus donos do cartel que identifica que teñen concedida a licencia de apertura.
Estes dous son os primeiros de Marín en abrir as súas portas, “e temos previsto que os outros dos aos que xa lles concedemos a licencia abran este venres, un en Pardavila, e o próximo venres, un en Pastoriza”.
Tal e como explica o concelleiro, a tempada de furanchos habitualmente vai do 1 de febreiro ao 30 de xuño, pero a situación sanitaria volveu trastocar estes prazos, polo que o Concello habilitará a posibilidade de abrir extraordinariamente no mes de xullo.
Poderán pedir esa prórroga os furanchos que pasada a tempada regular non cumpriran o máximo de 3 meses de apertura continuada que teñen permitido por ordenanza e que aínda teñan excedente para vender.
Novas explica que nos furanchos están activas todas as medidas sanitarias relativas á Covid19 que tamén se aplican á hostalaría. “Por iso, pedimos moitísima precaución e cumprimento das medidas tamén nestes establecementos, porque é o xeito de poder gozar de forma segura da súa apertura, sen poñer en risco a saúde pública”.

Anterior Marín Dusi celebra o seu primeiro GAU coas asociacións veciñais e culturais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados