Marín volverá contar cun Programa Integrado de Emprego, que beneficiará a 100 persoas

Marín volverá contar cun Programa Integrado de Emprego, que beneficiará a 100 persoas

Desempregados de longa duración, con discapacidade, mulleres e menores de 30 anos son os colectivos aos que vai dirixido este novo plan de mellora das competencias laborais, que arrancará no 2026. As persoas interesadas deben estar dadas de alta como demandantes de emprego na Oficina de Emprego da Xunta.

Marín, 17 xullo 2025

O Concello segue apostando pola promoción económica e a inclusión laboral e social da sociedade. Despois de clausurar un Programa Integrado de Emprego que se dirixiu unicamente a mulleres desempregadas e que tivo unha alta porcentaxe de inserción laboral, agora volve acadarse unha nova edición, desta vez aberta tanto a homes como a mulleres.

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, explicou que se aprobou na Xunta de Goberno desta semana o arranque deste programa, que de novo terá 100 prazas e que se destinarán “a diversos colectivos, que son os que teñen maiores dificultades á hora de conseguir un emprego: as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas con discapacidade, as mulleres desempregadas e os menores de 30 anos”.

Agora é importante que as persoas interesadas acudan á Oficina de Emprego de Pontevedra-Bisbarra para inscribirse como demandantes de emprego (se é que aínda non o están) e manifestar que teñen interese en participar do programa en Marín. Así, a Oficina de Emprego elaborará unha listaxe de posibles persoas candidatas que cumpran os requisitos, que serán entrevistadas ao longo do que resta de ano para arrancar o PIE en xaneiro de 2026.

O obxectivo é posibilitar a integración laboral destas persoas con accións de diferente natureza, tales como:

● Información, orientación e asesoramento.
● Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
● Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
● Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
● Fomento da capacidade emprendedora.
● Prospección empresarial.
● Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
● Formación para o emprego.
● Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
● Obradoiros sobre mobilidade laboral.

Cada participante terá o seu itinerario persoalizado de inserción según a súa formación, experiencia profesional, inquedanzas, aptitudes e os seus propios obxectivos profesionais.

O Programa é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que ascende a 120.365,80 C, poñendo o Concello dos seus fondos propios o 20% restante.

Anterior O Concello entende as demandas das familias do CEIP Sequelo e reforzará a presenza policial e a seguridade nos accesos ao centro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados