O Concello acomete melloras en varios viais do rural e avanza no Plan de Pavimentación de Camiños
O Concello acomete melloras en varios viais do rural e avanza no Plan de Pavimentación de Camiños

O Concello acomete melloras en varios viais do rural e avanza no Plan de Pavimentación de Camiños

Estase actuando en panos concretos na zona de Bexa, Ponte Guimeráns e O Campo, así como entre Picotes e Santomé.

Marín, 18 setembro 2025

Nestes días, o Concello de Marín está inmerso na realización dunha serie de traballos de mantemento nas estradas do rural que máis precisaban dunha actuación no seu firme, cubrindo panos de asfalto.

Estes panos nos que se actúa son tramos de reparación onde o pavimento non permite facer un simple bacheo, senón que polo deterioro é preciso repavimentar para garantir a seguridade da vía.

Concretamente, leváronse a cabo estes traballos no vial que transcorre entre Bexa, Ponte Guimeráns e O Campo, onde se actuou en varios puntos, e tamén entre Picotes e Santomé.

Os traballos foron realizados por COVSA e o obxectivo é garantir a seguridade viaria, tendo o afán de que todas as vías municipais estean en perfecto estado e sexan obxecto de labores de mantemento constantes para corrixir problemas derivados do uso e do paso tempo.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, indica que a inversión aproximada que se está a realizar nestes traballos é de en torno a 25.000 euros.

Avances no Plan de Pavimentación de Camiños Municipais

Por outro lado, o Concello segue desenvolvendo o seu Plan de Pavimentación de Camiños Municipais, que xa chegou a Viñas Blancas e Pardavila.

Nestes momentos, estase traballando no Cemiterio de Santomé e no Camiño de Currás e proximamente darán inicio os traballos nos de Mogor-Praia de Portocelo, Cruceiro da Brea-San Blas, Moledo e O Pazo.

En total, a inversión que realiza o Concello neste plan é de 356.500 euros, financiados a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Anterior O Concello e a hostalaría reúnense para coordinar a celebración do San Migheleiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados