Cambiaranse á maior brevidade posible aqueles que xa pagaron a taxa de renovación do dispositivo e será o Concello quen notifique a obrigatoriedade do cambio, empezando polos máis antigos.
Marín, 01 outubro 2025
O Concello de Marín desminte a información que se está a trasladar ás comunidades de propietarios relativa ás posibles sancións pola antigüidade dos contadores de auga.
Non foi o Concello quen fixo esa circular, polo que non é obrigatorio renovar o contador ata que os propietarios non sexan debidamente notificados oficialmente desde o Concello.
No caso daquelas persoas que xa pagaron a taxa municipal, procederase a cambiar o contador á maior brevidade posible. Para as demais, prégase calma. Será o Concello quen notifique ás persoas, de maior a menor antigüidade, a obrigatoriedade de cambiar o contador.