O Concello contrata a unha técnica de turismo para dar servizo aos visitantes a través da Oficina de Turismo

Durante a tempada de verán 2021, o Concello de Marín recibiu unha subvención de 4.051,69 €, o que supón o 75% dos custos totais, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas do ano 2021. O Concello contratou unha persoa titulada en turismo durante 3 meses, entre xullo e outubro, que realizou tarefas de front-office e de back-office.

O front-office céntrase principalmente en informar os turistas que se achegan a oficina sobre os recursos turísticos e atractivos da vila, os aloxamentos e áreas de restauración, os horarios de apertura do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor, do Museo Manuel Torres e da finca de Briz; os horarios das visitas guiadas que se fan aos petróglifos de Mogor, as actividades e eventos que se celebran na vila e información sobre as diferentes rutas de sendeirismo que recorren o concello. Esta información acompañase con mapas, guías e folletos informativos proporcionados polo concello.

Tamén se lle ofrece ó visitante información sobre os principais recursos e eventos da provincia, sobre todo dos municipios do entorno, principalmente de Pontevedra, Bueu, Cangas, Moaña, Poio, Sanxenxo e Vigo. Xunto coa información entréganse mapas e guías provinciais proporcionadas por Turismo Rías Baixas e tamén o material turístico específico de cada concello se contamos con el. Así como os horarios de transporte público, sobre todo ós horarios dos autobuses das praias e a conexión cos concellos máis próximos e información e horarios das diferentes navieiras sobre todo para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O traballo de back-office consiste en cubrir as enquisas de visitantes e subilas a páxina de Info Rías Baixas, a actualización do inventario de recursos do municipio, proporcionar información turística vía telefónica ou vía mail, preparar paquetes con información do concello aos establecementos ou entidades público e privadas que o soliciten e repoñer e solicitar material tanto a Turismo Rías Baixas como as empresas turísticas da zona e a outras entidades locais.

Tamén consta de realizar mensualmente un informe detallado sobre os visitantes que foron atendido na oficina que se realizan a partir das enquisas de visitantes para entregar ó Concello de Marín. Estes informes incluían información sobre o número total de visitantes, a súa procedencia, os diferentes rangos de idade, a distribución por sexos, o tempo de estancia, o lugar onde se aloxan, o tipo de aloxamento, a motivación para visitar o municipio, o medio de transporte empregado e información de si estiveran previamente no concello.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies