07 febreiro 2021
A mellora das infraestruturas viarias no rural é un eixo de traballo fundamental para o Goberno local, consciente da necesidade de ofrecer servizos de calidade a toda a veciñanza do termo municipal.
Dentro dese traballo, o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, vén de presentar o proxecto elaborado polo Concello para a pavimentación de 11 camiños rurais en diversas parroquias, para o que se calcula unha inversión de 228.362,48 euros, que se solicitará ao Plan Concellos da Deputación.
En total, realizarase unha mellora no pavimento de cerca de 2,7 km, rehabilitando o firme e resolvendo problemas estruturais presentes no mesmo como gretas, deformacións… Ademais, crearanse cunetas naqueles camiños onde haxa máis complicacións coas augas pluviais. Asemade, haberá unha adaptación á rasante dos rexistros de alcantarillado cando sexa posible e se realizará unha sinalización horizontal dos bordes laterais da calzada.
Concretamente, os camiños nos que se actuará serán os seguintes:
| Parroquia | Camiño |
| San Xián | Arealonga |
| Carballal | |
| Mogor | Agrovello |
| Cividanes | |
| Seixo | San Blas (Aguete) |
| O Campo | Currás |
| Santomé de Piñeiro | Fixón |
| Silvestre-Troncosa | |
| Miñán | |
| Ardán | Os Tombos |
| Os Picotes |
O Concello espera que poidan comezar a executarse os traballos a partir do segundo semestre do ano.