O domingo, Marín será a capital da marcha en Galicia
O domingo, Marín será a capital da marcha en Galicia

O domingo, Marín será a capital da marcha en Galicia

A Avenida de Ourense acollerá o XXXVII Campionato Xunta de Galicia Marcha en Ruta, coa participación de 150 deportistas entre os que estarán nomes como Icía Ares, Natalia González, Nico Collazo e Mateo Valcárcel.

Marín, 23 xaneiro 2026

A marcha en ruta terá o seu gran día este domingo en Marín, coa celebración do XXXVII Campionato Xunta de Galicia, que se desputará ao longo de toda mañá cun circuíto circular de dúas voltas pola Avenida de Ourense.

A alcaldesa, María Ramallo, e o edil de Deportes, Antonio Traba, presentaron o evento acompañados do xefe do servizo provincial de Deportes en Pontevedra, Daniel Benavides, e os representantes da Federación Galega de Atletismo.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, está previsto que participen 150 deportistas nunha proba que se poderá desfrutar desde as 10.45 e ata as 12.45 horas. As categorías sairán na seguinte orden: Sub-12 masculino, Sub-12 feminino, Sub-10, Sub-14, Sub-16 e Absoluta.

Entre os deportistas estarán nomes tan relevantes como Icía Ares (Ourense Atletismo), Campioa de España sub 18 en pista aire libre e recente Campioa de España sub 18 no Campionato de Promoción de Inverno, ademais de proclamarse Campioa Iberoamericana sub 18, representando á Selección Española.

Tamén estará Natalia González, do club ATL.Celta, Subcampioa de España sub 18 en aire libre e 3°de España en Promoción de Inverno, e Nico Collazo (Ames atl. Savante), Subcampeón de España sub 20 en C. Promoción de invierno, ademais de conseguir a 2° mellor marca sub 20 a nivel nacional.

Está confirmada tamén a asistencia de Mateo Valcarce (Adas Cupa), Campión de España en ruta sub 16 (celebrado en Marín) e onde se conseguiu a Prata representando á selección galega sub 16.

Como Máster internacional contarase coa presenza de Iván Morales Del Castillo (Club Marineda atletico), Prata europea en 5 km pista aire libre e en 10 Km ruta, consiguindo o Ouro europeo por equipos representando á Selección Española.

Anterior A Gala do Deporte 2026 xa ten nomes propios: consulta a lista de premiados nesta edición

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados