O estadio de San Pedro estrea un novo almacén para o material de atletismo

O estadio de San Pedro estrea un novo almacén para o material de atletismo

O estadio municipal de San Pedro xa pode gozar da utilidade dun novo almacén, que ten como obxectivo mellorar a comodidade e a loxística da infraestrutura deportiva. Segundo indicou hoxe o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o almacén estará destinado basicamente “a gardar material da pista de atletismo, como as vallas, as pértigas ou os marcadores manuais, que ocupan moito espazo”.

A empresa Viñas Blancas foi a encargada de executar esta obra, cuxo orzamento ascendeu a 17.987,56 euros, co IVE incluído, que foron sufragados co Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal do Plan Concellos 2017, que impulsa a Deputación de Pontevedra.

Dentro deste plan provincial tamén se enmarca a reforma da instalación de producción de ACS da sala de caldeiras, que está pendente de finalización. Neste caso, é a empresa Calefaccións Carballo SL a encargada da execución dos traballos, cun importe de 13.820,62 euros (IVE incluído).

Con estas dúas actuacións, o estadio de San Pedro mellora aínda máis a súa funcionalidade, despois de que en 2018 se renovase completamente a pista atlética, cunha importante inversión conxunta realizada pola Xunta de Galicia e o Concello, que converteu a esta infraestrutura marinense nun dos mellores sitios nos que practicar esta disciplina deportiva.

Anterior Nomeado o comité de expertos que avaliará as ofertas presentadas para o proxecto do Auditorio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados