O Marín Gaming Fest abrirá as súas portas este sábado no Pavillón da Raña

3 novembro 2021

Os apaixoados dos videoxogos terán unha cita imperdible esta fin de semana no Pavillón da Raña. O sábado 6 e o domingo 7, a instalación deportiva acollerá varios torneo dalgúns dos xogos máis populares na actualidade, así coma un concurso de cosplay e varios stands de artistas relacionados co mundo gamer.

O evento, organizado polo Concello de Marín e a Asociación Gaming Troop, arrancará ás 11.00 horas co torneo de Super Smash Bro Ultimate e cun premio de 150 euros para o gañador. A partir das 16.00 horas, será a quenda para o Fortnite, cun premio de 50 euros.

O sábado ao remate do evento, cerca das 19.30, a diversión e a cultura trasladaranse á Alameda, coa celebración do Best Hit Battles, o evento de batallas de freestyle organizado en colaboración co grupo marinense BhB Edition, e no que participarán os 32 freestylers máis importantes de Galicia neste ámbito. En caso de chuvia, o evento moverase ao Pavillón da Raña.

Xa o domingo, a xornada comezará ás 11.00 horas, coas semifinais do torneo de League of Legends, do que se está a desputar a fase previa online desde o 25 de outubro ata mañá, día 4. Neste caso, o premio ascenderá a 250 euros. Ás 12.00, haberá unha charla sobre o fenómeno cosplay a cargo de Lowell (@luscofuscocosplay).

A partir das 16.00 horas, o torneo de Fifa será o protagonista e xogarase un premio de 50 euros. Enlace de inscripción aos torneos: https://linktr.ee/gaming_troop

Pechará a xornada o Concurso de Cosplay, que se iniciará ás 17.00 horas. No concurso, poderase participar de forma individual ou conxunta e pode ser con actuación ou só en modalidade pasarela.

A confección, xa sexa textil ou de armaduras, será o que máis valore o xurado, conformado pola cosplayer encargada da charla da mañá, Lowell e Sandra Garo (@unskilledprojects), ademais de por unha persoa da organización. A inscrición para este concurso estará aberta ata as 15.30h do propio día 7. As bases e o formulario para anotarse poden consultarse aquí:

https://gamingtroop.es/wp-content/uploads/2021/09/COSPLAY-Marin-Gaming-Fest.pdf

 

Stands de artistas

 Por outra banda, o evento contará con stands de artistas locais relacionados co mundo do gaming. Estes artistas serán os que coloquen un stand:

  • Rou Rodas (@rourodas)
  • Eternalverse Games (@eternalversegames)
  • Chuco Anxo (@chuco_anxo)
  • Diomond (@diomond.is.art)
  • Saraiva Beauty (@saraivabeauty.artesanal)
  • Angyreimi (@angyreimi)
  • Yumi Vigo Art (@yumivigoart)
  • El taller de Puri (@purisworkshop)
  • Recuncho Máxico (@recunchomaxico)
  • Maora (@maora_art)
  • Tai (@taippen)
  • Reluc Brainstorm (@reluc_brainstorm)
  • Luchi (@luchichufer)
  • Antikachu (@tuvecina_antikachu)
  • Aznir (@whinquiver)
  • Gáidil (@gaidilbueu)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies