O novo entorno da dársena toma forma e incorporará unhas letras corpóreas de Marín
O novo entorno da dársena toma forma e incorporará unhas letras corpóreas de Marín

O novo entorno da dársena toma forma e incorporará unhas letras corpóreas de Marín

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse a realizar unha visita a pé de obra coa empresa para repasar os avances despois do parón do sector durante o Nadal

Marín, 09 xaneiro 2026

Tras o parón das empresas polo Nadal, esta semana retomáronse os traballos de execución da humanización do entorno da dársena portuaria, que permitirá crear un paseo continuo, seguro e verde desde Praza de España ata o Paseo Alcalde Blanco.

Máis verde, bancos e mobiliario para descansar e gozar do entorno marítimo. Iso será o que se irá colocando unha vez sexa posible realizar o formigonado. A actuación completarase coa colocación dunhas letras corpóreas de Marín.

A alcaldesa, María Ramallo e a concelleira Marián Sanmartín achegáronse a pé de obra xunto cos responsables da empresa para comprobar o avance dos traballos. Ramallo explicou que “nestes momentos estamos barallando xunto coa empresa cal pode ser o material máis axeitado para unhas letras que están chamadas a converterse nun punto emblemático da vila”.

“Este proxecto é unha das nosas apostas firmes pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco,” explicou a alcaldesa, que lembrou que antes de actuar nela, “a lámina de auga presentaba un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción. “Agora xa é evidente a limpeza da auga e do fondo”, expresou Ramallo, “e toca seguir coa integración do entorno, que estará lista cara o mes de marzo”.

A rexedora lembra, ademais, que tanto a inversión na lámina de auga como desta mellora urbana “supoñen 0 euros de gasto para o Concello, xa que todo está financiado a través do Plan de Sostibilidade Turística, do que conseguimos unha ampliación de 300.000 euros”.

Anterior Dúas oportunidades de ouro para mellorar o futuro laboral: últimas prazas no Programa Integrado de Emprego e no Hub de Empregabilidade

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados