As obras de reforma integral do Pavillón do Sequelo rematará antes de Semana Santa
As obras de reforma integral do Pavillón do Sequelo rematará antes de Semana Santa

As obras de reforma integral do Pavillón do Sequelo rematará antes de Semana Santa

A alcaldesa María Ramallo, xunto cos concelleiros Antonio Traba e Manuel Santos, comprobaron os avances, que xa mostran toda a nova cuberta e a envolvente

Marín, 02 marzo 2026

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polos concelleiros Antonio Traba e Manuel Santos, realizaron unha visita á execución da rehabilitación integral do Pavillón do Sequelo, que estará rematada antes de Semana Santa e que suporá un antes e un despois para esta infraestrutura deportiva.

Os traballos están moi avanzados, coa cuberta xa totalmente renovada, as novas luminarias LED instaladas, o repintado interior e todo o illamento da envolvente, para o que utilizou SATE. Tamén se cambiaron as canalizacións e as ventás nos vestiarios e agora están traballando na mellora da pista, pulíndoa e renovando o seu perímetro. retirando a tarima para poñer un material PVC resistente e con durabilidade.

“Levamos un ano moi intenso no que ten que ver coa inversión deportiva e temos claro que esta era unha obra esencial”, asegurou a alcaldesa, consciente do enorme uso que ten este pavillón, “no que adestran moitos clubs, fanse competicións e eventos cada fin de semana…”

Coa previsión do que falta na obra, finalizarase antes de Semana Santa, e contará con nova sinalización e rotulación, do mesmo xeito que se fixo no Pavillón da Cañota, outra das infraestruturas deportivas renovadas nestes últimos anos.

Anterior Marín inaugura este mércores a XXXIII edición de ‘Voilm la femme’, a exposición de mulleres artistas con máis traxectoria de Europa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados