Os servizos de salvamento e socorrismo nas praias son de vital importancia para un correcto funcionamiento das mesmas xa que a base máis importante sobre a que se debe sustentar é a de vixiancia e a prevención, sobre todo nun verán tan complicado coma este dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria da Covid19.
Esta prevención é a que rexe o traballo deste persoal nos areais de Marín, que este verán atenderon un total de 1.444 atencións en xullo, agosto e setembro, que se subdividen do seguinte xeito:
- 242 en Portocelo
- 365 en Mogor
- 458 en Aguete
- 217 en Loira
- 162 en O Santo
O horario no que o servizo estivo activo foi de 12.00 a 20.00 horas nestes areais, que segundo se extrae do informe da tempada “o son especialmente tranquilas pola ubicación e características”. Así a todo, cada praia ten as súas casuísticas, segundo o público que máis vai (familias, grupos de amigo, xente máis avellentada ou máis nova…).
No que respecta ás atención, destacan as picaduras de fanecas, as de avespas, pequenas feridas e os avisos de cans, que non poden estar no areal durante a época estival. Tamén son habituais os avisos a embarcacións, a pescadores e as escordaduras, así como alguna lipotimia ou golpe de calor.