Pedreiras avanza na renovación total dos seus servizos, coa instalación da rede de saneamento

28 febreiro 2022

A zona de Pedreiras está nestes momentos vivindo unha rehabilitación integral, que lle permitirá mellorar os servizos públicos, así como toda a súa estética. A día de hoxe, está executándose a primeira fase do proxecto, na Rúa de Pedreiras de Arriba, actuando nunha extensión de aproximadamente 700 metros cadrados, cunha inversión de 202.464,89 euros.

Segundo explicaron técnicos municipais, nestes momentos estase a instalar toda a rede de saneamento. A nova canalización terá rede separativa, para pluviais e fecais. Esta parte da execución é das máis difíciles, xa que é a rede que máis profunda discorre, cunhas tubaxes de maiores dimensións.

Ademais, instalaranse tamén todos os demáis servizos: abastecemento, alumeado, telecomunicacións… Unha vez se remate con iso, iniciarase a pavimentación.

As seguintes fases afectarán á Rúa de Pedreiras do Medio (fase 2), Rúa de Pedreiras de Abaixo (fase 3) e ao Lavadoiro e os Camiños da Fonte de Pedreiras (fase 4). A inversión global de todo o proxecto ascende a 843.000 euros.

Bexe e Pastoriza, outros importantes proxectos en marcha

Outra obra moi demandada pola veciñanza e que se está a punto de finalizarse é a da ampliación do abastecemento en Bexe. Supón unha inversión de 126.000 euros e se beneficiarán dela 33 vivendas, que se conectarán á rede municipal.

O Concello xa se reuniu previamente cos veciños para explicarlles como teñen que facer para realizar esta conexión, xa que a obra acabará en breve.

Por outro lado, a construción dun novo colector en Ardán, entre Pastoriza e Picotes, que está en plena execución, dará resposta a unha demanda esencial dos veciños da parroquia, xa que a anterior solución adoptada (a da depuradora) daba grandes problemas para o saneamento na zona.

Por iso, o Concello se comprometeu coa veciñanza a retirala e a instalar un colector renovado co que resolver as incidencias e garantir unha prestación correcta deste servizo. Supón unha inversión de 200.000 euros, que se fará con cargo ao Remanente de Tesourería.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies