A piscina municipal pechará a primeira quincena de agosto para instalar o aire acondicionado e a nova caldeira
Comunicado piscina

A piscina municipal pechará a primeira quincena de agosto para instalar o aire acondicionado e a nova caldeira

Tamén aproveitarase para realizar labores básicas de mantemento. Os abonados só terán que pagar o 50% da cota mensual.

Marín, 28 xullo 2025

A piscina municipal da vila permanecerá pechada entre o 1 e o 15 de agosto para poder realizar unha serie de actuacións esenciais para mellorar as instalacións e renovar os equipos da mesma.

Por unha banda, instalarase o sistema de aire acondicionado na sala fitness, que permitirá que a práctica deportiva na mesma sexa mellor, especialmente nos días de verán. Esta maquinaria supó unha inversión de 65.000 euros, que se realiza con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas da Deputación de Pontevedra.

Por outro lado, tamén se renovará a caldeira de agua quente, con sistema ACS, para o que se precisa unha inversión de 15.000 euros. Queda pendente de cara a setembro a instalación da terceira máquina que se renovará: a deshumectadora, fundamental para o correcto funcionamento da piscina e que ten un custo superior aos 82.000 euros.

Durante o mes de agosto, polo tanto, as persoas que teñan abono na piscina só pagarán o 50% da cota mensual.

Anterior Marín celebra o Día de Galicia da man de Trompos Ós Pés e coa retranca de Leti da Taberna

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados