As praias de Marín xa teñen aos seus socorristas: arranca o servizo, que este ano duplica o número de desfibriladores
Aberto o prazo para concorrer á explotación dos quioscos das praias de Marín ata o 2028

As praias de Marín xa teñen aos seus socorristas: arranca o servizo, que este ano duplica o número de desfibriladores

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, achegouse hoxe ata a Praia de Mogor para recibir ao persoal de salvamento que velará pola seguridade nos areais

Marín, 16 xuño 2025

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, acudiu hoxe ata a Praia de Mogor para darlle a benvida aos socorristas que velarán pola seguridade nos areais durante toda a tempada estival.

Este servizo está contratado para os próximos anos a través dunha licitación que se impulsou o pasado ano. A empresa adxudicataria pon nas praias a 14 socorristas repartidos polos distintos areias, segundo as necesidades de cada un; 3 auxiliares de información e primeiros auxilios e 1 persoa coordinadora. O seu horario será de luns a domingo, de 12.00 a 20.00 horas, repartidos en quendas.

Ademais, Acuña adiantou que este ano se duplicou o número de desfibriladores, o que garante aínda máis a seguridade nas praias.

En total, a concelleira lembra que neste servizo invístense 725.437 euros.

Anterior O Concello pecha a liquidación do 2024 cun remanente de máis de 3,4 millóns de euros

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados