Presentación Outono Activo.

Presentación Outono Activo.

Actividades de ocio 5,6,7e 8 de decembro.

O Concello de Marín, presenta a programación infantil que ofrecerá ás familias, a través do programa Outono Activo, durante os 4 días da Ponte da Constitución no Pavillón do IES Illa de Tambo. 

Contará con 1000 m2 de superficie de xogo e lecer a disposición dos máis pequenos.

Preferiblemente está orientado a nenos de idades de 3 a 10, aínda que non se limita só a estas idades, xa que está orientado ás familias en xeral.

Horarios: 11 a 13:30 e de 17 a 21h.

Toda a ponte (5 ao 8 de decembro). O que posibilitará dar un lecer educativo ás familias marinenses e da comarca en xeral que aproveiten para gozar das actividades ofrecidas.

O persoal e monitores que guían as actividades están cualificados para a función que desempeñan xa que posúen formación específica no ámbito educativo. 

Isto permitirá aos pais e nais gozar cos seus menores de momentos entrañables en familia con actividades educativas, lúdicas e sas, que son as principais preocupacións dos responsables dos menores á hora de planificar o seu tempo de lecer: Incentivar a creatividade, fomentar a actividade física e xogar adquirindo valores.

Espazo dividido en:

·  Zona de inchables

·  Zona de xogos libre e dirixido

·  Talleres: manualidades, pintacaras, teatro, bailes, …

·  Zona para bebés

 

Para poder levar a cabo estas actividades, o pavillón estará decorado recreando un espazo de fantasía nunha paisaxe otoñal.

Desde a empresa organizadora RGM, agradecen a Gadisa pola súa aposta polo programa educativo Outono Activo e ao Concello de Marín pola súa implicación, axuda e interese.farolasouton

Anterior Bases e Formulario solicitude das hortas urbanas.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados