A Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos de Marín comezará a súa remodelación o próximo mes de novembro.
No mes de xullo, o Concello de Marín e a Consellería de Educación e Cultura asinaron un convenio de colaboración a través do cal se reformará a planta baixa para dividila en tres espazos: unha zona infantil, unha sala de lectura de xornais e revistas e un terceiro espazo de estudo.
Así se evitarán as posibles molestias e interrupcións que se poidan causar entre os diferentes usuarios, xa que son moitos os que utilizan este servizo público.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, asinaron o acordo para unha obra que custará 60.000 euros, dos cales, a administración autonómica achegará 50.000 euros e a municipal 10.000.
Durante o tempo que duren as obras, que serán aproximadamente un mes, a biblioteca permanecerá pechada ao público, tanto para préstamo, consulta ou estudo, quedando só activa a parte de entrega de libros, que se fará no salón de actos, os días que sexa imposible facelo na propia sala da Biblioteca.
Desde a Biblioteca, lémbrase aos usuarios e usuarias, que para a lectura en dispositivos móbiles, poden usar a plataforma e-biblio, a condición de que sexan socios de calquera biblioteca adherida á rede de biblioteca de Galicia.
Para a lectura da prensa diaria tamén se poderá ir ao Museo Manuel Torres no seu horario habitual.
As obras consistirán na separación de tres espazos, un específico para lectura infantil, outros para consulta de prensa diaria e revistas, e un terceiro espazo, separado por unha parede e unha porta onde a súa situará a sala de estudo.
O motivo desta separación, é que as personas usuarias que ademais de consulta acoden a estudar á biblioteca, non se vexan molestados polas actividades que se van a programar na zona de infantil, ou os que acoden ao mostrador para consultar sobre a propia biblioteca ou os seus fondos bibliográficos.
Por este motivo se agradece a paciencia durante o tempo que duren as obras, que redundan en beneficio de todos e todas coa mellora das instalacións.