Remata a limpeza do Río Lameira e inícianse estes labores na Laxe

Remata a limpeza do Río Lameira e inícianse estes labores na Laxe

O Concello vén de rematar a limpeza do río Lameira, uns traballos consistentes na trituración da maleza nos laterais e no fondo dos vasos hidráulicos. Así o informou esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que explicou que agora os labores continuarán no Río da Laxe.

Finalmente, actuarase no Río Lapamán, desde a estrada xeral, e no Río Castiñeiras, desde o lavadoiro de Coirados ao muíño antigo ubicado na Roza.

Esta limpeza, que se fai todos os anos en outono, ten por obxecto a prevención de cara á época de chuvias do inverno de posibles desbordes e atrancos no leito, que poden ocasionar danos nas zonas máis poboadas polas que discorren estes ríos.

 

Anterior O Concello programa dous concursos para crear ambiente de Samaín e de Nadal e que terán como premio vales de compra no comercio e hostalaría locais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados