Reunión do Consello escolar municipal

O pasado xoves tivo lugar unha reunión ordinaria convocada do Consello escolar municipal.

Dito órgano de consulta e participación está presidido pola alcaldía e conforman o mesmo a representación de 10 membros da Corporación en función da súa representación na mesma, entre os que está a responsable da área de educación, 10 vogáis en representación do professorado, 6 das asociación de Ampas, 4 do alumnado, e o representante da Consellería de educación como Inspector deste concello. En total 31 persoas, das que asistiron 28 a dita convocatoria.

Na orde do día se levaba a Proposta da Xefatura territorial de educación para a delimitación das áreas de influencia e adscricións entre centros, dos centros educativos do Concello de Marín.

Dita delimitación foi exposta polo Inspector educativo tal e como fora remitida días previos na convocatória, posteriormente se abríu un turno de intervencións, onde se recolleron varias propostas que serán analizadas polo órgano competente e se aportaron possibilidades a ter en conta.

As intervencións foron moitas que serán analizadas desde a consellería de educación.

Se analizaron tamén as ratios do profesorado polos distintos centros educativos de ensino público, e se deu conta do Plan de Formación que xa se está levando a cabo entre os distintos centros a través dos distintos programas xa deseñados.

Para finalizar se deron conta das principais inversións levadas a cabo nas anualidades 2021 e 2022 nos centros públicos, entre as que se atopan as reformas integrais do IES Illa de Tambo, CEIP Carballal e en execución CEIP Sequelo.

As melloras en distintos centros como Chan do Monte, e as necessidades que se repartiron en todos os centros en virtude das necessidades amosadas ao concello que acadan unha cifra superior a 180.000 €.

Así mesmo desde o concello se aportou o esforzo que en materia de mantemento se está levando a cabo pola aplicación do protocolo de limpeza COVID a día de hoxe vixente e que incrementou de xeito exponencial o gasto que a estos conceptos se tiñan destinados e consignados.

Na reunión se aportaron moitos datos das preguntas que foron formuladas e tivo una duración de máis de 3 horas, co que dou tempo a analizar as prioridades e a valorar distintas aportacións que se fixeron por parte dos distintos estamentos que o configuran.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies