Desempregados de longa duración, con discapacidade, mulleres e menores de 30 anos son os colectivos aos que vai dirixido este novo plan de mellora das competencias laborais, que arrancará no 2026.
As persoas interesadas deben estar dadas de alta como demandantes de emprego e poden poñerse en contacto co Axente de Emprego do Concello.
Marín, 29 decembro 2025
O Concello segue apostando pola promoción económica e a inclusión laboral e social da sociedade. Nestes momentos, está aberta a inscrición para a nova edición do Programa Integrado de Emprego, que beneficiará a 100 persoas e arrancará en xaneiro.
Estas prazas están destinadas a diversos colectivos, que son os que teñen maiores dificultades á hora de conseguir un emprego: as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas con discapacidade, as mulleres desempregadas e os menores de 30 anos.
As persoas que estean interesadas poden poñerse en contacto co Axente de Emprego Local a través do mail aedl@concellodemarin.es ou chamando ao teléfono do Concello.
O obxectivo é posibilitar a integración laboral destas persoas con accións de diferente natureza, tales como:
● Información, orientación e asesoramento.
● Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
● Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
● Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
● Fomento da capacidade emprendedora.
● Prospección empresarial.
● Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
● Formación para o emprego.
● Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
● Obradoiros sobre mobilidade laboral.
Cada participante terá o seu itinerario persoalizado de inserción según a súa formación, experiencia profesional, inquedanzas, aptitudes e os seus propios obxectivos profesionais.
O Programa é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que ascende a 120.365,80 C, poñendo o Concello dos seus fondos propios o 20% restante.